Se para recobrar o recobrado,
debín perder primeiro o perdido; se para conseguir o conseguido,
tiven que soportar o soportado.
.
Se para estar agora namorado,
foi mester ter estado ferido;
teño por ben sufrido o sufrido,
teño por ben chorado o chorado.
.
Porque despois de todo
teño comprendido
que non se goza ben do gozado
senón despois de telo padecido;
porque despois de todo
teño comprendido que,
o que a árbore ten de florido
vive do que ten de soterrado.
.
Francisco Luis Bernárdez
No hay comentarios:
Publicar un comentario